Neste artigo explicámosvos unha pregunta que nos fan con frecuencia as empresas, en relación aos pagamentos mediante confirming, e ao cumprimento do requisito de pagamento para animais con menos de 30 días recollido na lei da cadea alimentaria.
O incumprimento do requisito legal de pagamento de non máis de 30 días para os pagos a provedores primarios é a causa máis frecuente de sanción por violación da Lei da cadea alimentaria. Unha dúbida moi común ten que ver con como encaixa o servizo de confirming co cumprimento deste requisito.
O confirming de provedores é un servizo que prestan as entidades financeiras que consiste en xestionar os pagos dunha empresa aos seus provedores, ofrecendolle a posibilidade ao provedor (o gandeiro no noso caso) de cobrar os animais con anterioridade á data de vencemento do pago (30 días de máximo conforme á ley).
A disposición adicional primeira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, pola que se modifica a Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (Réxime especial de produtos agroalimentarios), establece que:
"1. Os aprazamentos de pagamento dos produtos alimenticios frescos e perecedoiros non excederán en ningún caso de 30 días desde a data de entrega da mercadoría.
Entenderase por produtos alimenticios frescos e perecedoiros aqueles que, polas súas características naturais, manteñan as súas calidades aptas para a súa comercialización e consumo durante un período inferior a trinta días ou que requiran condicións de temperatura reguladas para a súa comercialización e transporte.
2. En relación aos produtos alimenticios non frescos nin perecedoiros, os aprazamentos de pagamento non excederán en ningún caso de 60 días desde a data de entrega da mercadoría".
Polo tanto, prazos de pagamento de 60 días para produtos alimenticios non frescos ou perecedoiros ou, se é o caso, de 30 días para produtos frescos e perecedoiros, son imperativos e impóñense como máximo ás partes contratantes.
De acordo co indicado, o cliente/comprador deberá aboar o prezo dos produtos adquiridos ao provedor/vendedor nun prazo de 30 ou 60 días naturais desde a data de entrega da mercadoría, segundo sexan productos frescos ou perecedoiros. As partes poderán utilizar, para estes efectos, os mecanismos de pagamento autorizados no ordenamento xurídico. No caso de confirming e demais documentos comerciais para o pagamento de obrigas, entenderase en todo caso cumprida a obriga de pagamento puntual cando o vencemento do documento de pagamento (confirming, pagaré ou outro) se produza no prazo de 30 ou 60 días naturais desde a entrega da mercadoría, dependendo do tipo de produtos adquiridos.
Non se pode considerar que o pagamento se produciu cando, a través dun contrato de confirming con ou sen recurso entre o debedor e unha entidade financeira, esta última anticipe ao acredor o importe desa débeda; só se considerará abonado o importe debido unha vez chegada a data de vencemento do confirming e cando o devandito importe sexa cargado pola entidade financeira na conta do debedor.
Para máis detalles sobre este tema podes consultar a web da AICA