Proxecto “Multiplataforma Blockchain para a trazabilidade dos activos intanxibles e o cumprimento da lexislación da cadea alimentaria”
Obxectivos
Esta operación está financiada pola Xunta de Galicia, a través de axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación, dentro do programa de axudas á empresa RECUPERACIÓN EXCELENCIA NEOTEC 2021-IN870A. Para promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade.
Neste proxecto, evolucionase a infraestrutura cara a unha arquitectura de microservizos, co obxectivo de mellorar a axilidade á hora de crear servizos e levalos ao mercado, e lévase a cabo investigación sobre o uso da tecnoloxía Blockchain para mellorar a trazabilidade dos activos intanxibles na cadea de valor do sector da carne. Así mesmo, engádense ao ecosistema dixital novos actores, funcionalidades para actores existentes, recursos técnicos de xestión da plataforma e servizos de valor engadido.
O prazo de execución deste proxecto é do 1 de agosto de 2022 ao 31 de xullo de 2024.